Idioma:

ESP -

GAL

ARTESANS DO EUME

A continuación mostramos os pasos dados ao longo dos anos desde a formación da Asociación de Artesáns do Eume ata os presentes días:

Ano 2003:

Nace a Asociación de Artesáns do Eume en abril deste ano, co obxecto de reunir a todo o sector artesanal do territorio e traballar baixo uns obxectivos comúns. Faise unha labor de dar a coñecer a Asociación e os seus estatutos, así como unha captación de socios e socias.

Ano 2004:

En febreiro de 2004 faise unha exposición no mercado vello das Pontes. Este mes tamén estamos presentes na XXIV Feira do Grelo das Pontes. Nova exposición en agosto do mesmo ano na vila de Pontedeume.

Ano 2005:

Formamos parte de Euroeume como socios. Participamos na Feira da Terra Activa de Pontedeume no mes de agosto. Presencia na prensa e entrevistas cos organismos públicos da administración, para lograr dignificar a artesanía e valorizar o traballo dos artesáns e artesás.

Ano 2006:

Publicación dun catálogo cos artesáns e artesás do territorio, e difusión do mesmo polo territorio, e por toda a comunidade autónoma. Neste ano a Asociación mantén contactos ca Consellería de Industria para aportar ideas, proxectos e normalizar a situación da artesanía.

Ano 2007:

En novembro incorpórase a técnica do programa de cooperación e comeza a realizar as actividades propostas nos estatutos e pola asociación. Participamos no Encontro Formativo EuMuller 2007, espazo de intercambio de experiencias e formación continua para artesáns e artesás do territorio. O encontro realizouse o 13 de decembro de 2007 no concello das Pontes en sesión de mañá e tarde incluíndo comida de grupo como espazo non formal de encontro.

Ano 2008:

Asistencia á Feira do Grelo das Pontes o 3 de febreiro. Visitas aos talleres e entrevistas as socias e socios por parte da técnica para realizar un estudio das necesidades dos mesmos. Organización das Xornadas de Promoción nas Fragas do Eume en colaboración co Centro de Interpretación das Fragas, que tivo lugar entre o 18 e 23 de marzo. Asistencia ao I Taller de Tecnoloxías aplicadas ao Sector Artesanía, celebrado en Llanes, Asturias o 29 e 30 de maio. Asistencia a diferentes actos, reunións, seminarios, etc... de importancia para o sector artesanal e desenvolvemento do territorio.

Ano 2009:

Participación no proxecto da “Universidade Rural Paulo Freire” da man de Euroeume. Planificación de cursos de formación para artesáns e afeccionados dos diferentes oficios artesáns para o coñecemento das técnicas, ferramentas, materiais, etc. Elaboración do conto “Manuel na feira de artesanía”, destinado aos mais pequenos, pretende achegar aos rapaces ao mundo da artesanía. Asistencia á XX Feira de Fungos e Cogomelos a través dunha mostra ao vivo de diversos oficios tradicionais.

Ano 2010

Exposición co gallo do día das letras galegas no Mercado Vello das Pontes, relacionando a nosa artesanía cos textos do autor homenaxeado, Uxío Novoneyra. Un dos días da exposición acudiron rapaces para facer unha visita guiada e participar nos obradoiros de pirogravado e cestaría preparados para eles.

Organización da 2ª xornada de artesanía nas Pontes, coincidindo coa Feira de Fungos e Cogomelos, con demostracións ao vivo de oficios tradicionais, nas que ademais pode participar o público asistente.

Asistencia como relatores nas II Xornadas de Patrimonio Cultural organizadas en Arteixo pola Asociación Cultural Monte da Estrela.
Realización dun curso de cestería dirixido por un dos nosos socios.

Finalización do traballo “Investigación sobre oficios tradicionais e uso dos recursos naturais no Eume”, un dos grandes proxectos da Asociación, grazas ao convenio de colaboración asinado coa Deputación Provincial da Coruña.

- Realización nas Pontes dun curso de encaixe de perfeccionamento; Punto de Goricia; concedido á Asociación pola Fundación Centro de Artesanía e Deseño de Galicia, dirixido pola reputada profesora italiana María Bissacco.

- Os nosos socios acudiron a diversas feiras e festas de interese do territorio, como a Medieval das Pontes, Celta de Sedes (Narón), de Artesanía de Lamas en San Sadurniño, Festa da Malla na Capela ou Feira Internacional de Mostras de Ferrol entre outras, para amosar as súas pezas e o seu traballo ao vivo.

2011-PROXECTOS EN MARCHA

Continuar co estudio de investigación sobre os oficios artesanais tradicionais e o uso dos recursos naturais por parte dos artesáns na comarca do Eume.

Desenvolvemento do Proxecto “Artesanía para todos”, dentro do que caben destacar as seguintes actividades:

 “3ª Xornada de Artesanía”, que se realizará nas Pontes, coincidindo coa “Feira de Fungos e Cogomelos”, o  1 de Novembro do 2011. Como en anos anteriores, está previsto realizar unha pequena exposición con pezas dos nosos artesáns, que sirva de marco ás demostracións ao vivo que se farán:  torneado, traballo da pedra, fiado de la, cestaría, bordado, pirogravado, palilleiras, calceta,…. Actividades nas que o público xeral pode participar coa axuda dos distintos artesáns e incluso levar para a casa  algunha peza sinxela feita por el mesmo.

Obradoiros, comezando  no mes de Abril, desenvolveranse  ao longo de todo o ano 2011.

*Cestaría:
1- Iniciación á cestaría tradicional galega. Docente Francisco Romero Sueiras.

2- Cestos con papel de xornal. Docente Lourdes Acera Olaso.

Téxtil:

3- Encaixe de perfeccionamento. Encaixe Moderno. Docente Jitka von Lindern .

4- Bordado en tule. Docente Luísa Alonso Tamargo.

5- Fiado de la. Docente Josefa Casal Sanesteban.
*Deseño:

6- Autocad - Rinoceros.

*Pedra:

7- Talla de alabastro. Docente Cesar Dapena Pichel.

*Madeira:

8- Talla de madeira.

9- Torneado de madeira. Docente Fernando Verez Tojeiro.

10- Pirogravado sobre  madeira. Docente Lourdes  Acera Olaso.

Exposición das Artesás da Asociación co gallo do Día da Muller, en colaboración co servizo de igualdade do Concello das Pontes.

 

 

Artesáns do Eume - Rúa Capela, 21. Baixo - 15320 As Pontes - info@artesansdoeume.org