Idioma:

ESP -

GAL

Artesanía SOS

Oitenta e cinco asociacións e federacións de artesáns de toda España unímonos en torno á campaña "Actividade artesá a tempo parcial" para conseguir que a artesanía se contemple como actividade que poida desenvolverse a tempo parcial e cotizar á Seguridade Social de acorde ás horas reais de traballo.
Reivindicamos ante as administracións públicas un trato específico para a artesanía neste tema, un dereito recollido no artigo 130.1 da Constitución Española que establece que os poderes públicos deberán dedicar unha atención particular á artesanía, e unha das maneiras de facelo é establecendo beneficios fiscais para os que desenvolvan actividades artesanais, velando así pola supervivencia dos oficios artesáns e da cultura que estes significan.

A crise actual que afecta á nosa economía está sendo especialmente dura para os talleres artesáns. A caída na demanda dos nosos produtos, o aumento das cargas fiscais e o aumento do prezo das materias primas e servizos está a abocando ao abandono da actividade a un gran número de artesáns autónomos incapaces de manter os seus talleres abertos a tempo completo. A esta situación hai que sumar o peche paulatino de centros de promoción e de formación artesanal en toda España, polo que a subsistencia de moitos oficios e técnicas artesanais que son patrimonio e sinal de identidade da nosa sociedade perigan.

Por todo iso os artesáns reivindicamos o dereito xeneralizado de poder traballar a tempo parcial cotizando por iso a parte correspondente. Cremos que esta medida podería paliar a sangría de peches de empresas artesás e contribuiría a poder reactivar o sector facéndoo máis competitivo e axudando a reincorporarse ao mercado a moitos artesáns e artesás que nos últimos anos se viron obrigados a abandonar a actividade.

Plataforma de Asociacións Artesanía SOS (PAASOS)

Máis información: http://artesaniasos.wordpress.com/

 

Dende a Asociación de Artesáns do Eume poñémonos en contacto con vostede para solicitarlle que  ante o Observatorio Nacional da Artesanía, ou  calquer outro organismo que estime convinte, apoie a petición que xunto a outras oitenta e catro asociacións artesanais de España suscribimos solicitando que o sector artesán se atope entre os sectores que poidan acollerse á posibilidade de cotizar á Seguridade Social a tempo parcial e que así quede regulamentado no Regulamento que según o fixado pola reforma do Estatuto do Traballo Autónomo establecido na Lei 27/2011, deberá entrar en vigor o día 1 de xaneiro de 2013.


O lograr que o colectivo artesán  poida beneficiarse desta posibilidade, na actualidade inexistente, pode ser unha importante axuda para moitas empresas artesanais que nestos momentos son incapaces de manter unha actividade a xornada completa e estanse vendo abocadas ó peche.

A importancia de que a nosa artesanía siga sendo, non soio un referente económico, senon tamén cultural creemos é un motivo suficiente para solicitarlle que faga súa a  nosa petición e a promova diante dos organismos con capacidade para lexislar sobre esta materia.


Atte: César Dapena Pichel
Presidente da  Asociación de Artesáns do Eume




COTIZACIÓN A TEMPO PARCIAL PARA O SECTOR ARTESÁN
A modificación do Estatuto do Traballo Autónomo realizada pola Lei 27/2011 contempla a posibilidade de estableceren un sistema de cotización a tempo parcial para os traballadores autónomos para determinadas actividades ou colectivos a partires do 1 de xaneiro do 2013.
A lei prevé que "Esta actividade autónoma ou por conta propia poderá realizarse a tempo completo ou a tempo parcial", se ben matiza que esa inclusión farase nos supostos e conforme as condicións regulamentariamente establecidas".
Durante os vindeiros meses debe regularse esta modalidade de cotización á Seguridade Social polo que solicitamos que o sector artesán sexa incluido como un dos colectivos recollidos na regulamentación.
Cremos que dita medida permitirá que moitas empresas artesáns poidan continuar exercendo a sua actividade nestos momentos tan críticos para o sector e que outras moitas poden darse de alta no  Réxime Especial de Traballadores Autónomos na Seguridade Social co conseguinte beneficio para o sector. Por elo solicitamos:

Que se estableza unha base mínima de cotización ó Réxime Especial dos Traballadores por Conta Propia ou Autónomos inferior á fixada anualmente con carácter xeral para dito réxime, próxima ó 50% da base xeral, para Traballadores Autónomos do sector artesán que desenvolvan a súa actividade un máximo de 88 horas mensuais e/ou os seus ingresos sexan inferiores ó Salario Mínimo Interprofesional no cómputo anual.
Basamos a nosa petición en:
●     Artígos 1, 24, 25 e disposición adicional segunda do Estatuto do Traballo Autónomo.
●     Artígo 130.1 Constitución Española: "Os poderes públicos atenderán á modernización e desenvolvemento de tódolos sectores económicos e, en particular, da agricultura, da gandeiría, da pesca e da artesanía, co fin de equiparar o nível de vida de todolos españois."
●     Documento "Claves Estratéxicas para a Promoción da PEME Artesán" da Dirección Xeral de Política da Pequena e Mediana Empresa do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio de España: "Os artesáns son traballadores e tódolos traballadores deben dispoñer das mesmas vantaxes e incentivos para desenvolver a súa profesión. Se os empresarios poden  contratar traballadores por cuenta allea a tempo parcial, os traballadores por conta propia, tamén deben dispoñer deste dereito en relación a súa actividade.”

 

ASOCIACIONS ASINANTES
CANARIAS
1.  Asociación Profesional de Artesanos Espacio Abierto
2.  Workshop66Anchieta
3.  Asociación Tirjanak
4.  Asociación Canaria de Artesanos
5.  Asociación Artesanos Creativos de Fuerteventura

PAÍS VASCO
6. Arbaso Guipuzkoa
7. Gabiltza Asoc.Artesanos de Gipuzkoa
8. Sortzen -Bizkaiko Artisau Sortzaileen Elkarte-
9. Arbaso Bizkaia
10.Artisau
11.Arbaso Gazteiz

NAVARRA
12.Arbaso Nafarroa

GALICIA
13.Asoc.para el Fomento y el Impulso de la Artesanía en Galicia
14.Asociación de Artesáns do Eume
15.Asociación Marinense de Artesanx

EXTREMADURA
16.Asociación Extremeña para la Promoción de la Artesanía
17.Asociación de Alfareros de Salvatierra de los Barros

CASTILLA LA MANCHA´
18.Asoc. Prov. Artesanía y Cerámica
19.Asociación Provincial de Toledo
20.Asociación para la Innovación de la Artesanía AIDA
21.Asociación de Artesanos de Puente del Arzobispo
22.Asociación de Encajeras Hilo del 40
23.Asociación Provincial de Artesanos de Albacete
24.Artdicire (Asoc. de artesanos y diseñadores de Ciudad Real)
25.Asociación Ceviarte de la Cerámica y del Vidrio
26.Asociación Euroarte
27.Asociación de Artesanos de la Mancha
28.Asociación Ecoartesanos

MADRID
29.Diseño Propio, Asociación de Oficios Artísticos
30.Asociación Profesional de Artesanos de Madrid
31.Gremio de Artesanías Varias de Madrid
32.Asoc.de Artesanos de Madrid, Grupo Gaia.
33.Asociación Artesanos del Henares –ARTHENAR
34.Asoc. para la Recuperación por la Transformación y Protección de la Artesanía – Art p Art-

ASTURIAS
35.Sindicato de Artesanos de Asturias
36.Agrupación de Ceramistas de Asturias
37.Coordinadora de Asoc. Artesanas de la Comarca de la Sidra
38.Asociación para el Fomento de la Artesanía de Calidad

CANTABRIA
39.Asociación de Artesanos Profesionales de Cantabria

LA RIOJA
40.Colectivo de Artesanos de La Rioja

CASTILLA Y LEÓN
41.Asociación Artesanos Merindades
42.Colectivo de Artesanos de Burgos (Coarte)
43.Asociación de Artesanías Varias de Ávila (ADAVA)
44.Asociación de Talleres Artesanos de Valladolid -ATAVA-

COMUNIDAD VALENCIANA
45.Federación de Asociaciones, Gremios y Artesanos de la Provincia de Valencia
46.Asociación Valenciana de Cerámica AVEC-GREMIO
47.Asociación de Fabricantes y Manipuladores del Vidrio

MURCIA
48.Asociación de Artesanos de Jumilla

ANDALUCIA
49.Asociación de artesan@s Zoco del Arte
50.Asociación Cordobesa de Artesanos
51.Asociación de Artesanos El Suk
52.Asociación de Artesanía Joven de Granada
53.Asociación de Artesanos de la Alpujarra
54.Asociación Mujeres Artesanas de Málaga
55.Málaga Artesana –MAR
56.Asociación Ceramistas Artesanos Veleños
57.Asociación Artesanos de Úbeda
58.Asociación Cultural Alfareros Tradicionales
59. Aldearte · Artesanos de Genalguacil
60. Artesanos Andaluces-ADEA
61. Amigos Arte y la Cultura de Benamargosa

BALEARES
62.Gremi de Joiers i Rellotgers de Balears
63.Gremi Oficis Artesans i Artistics de les Illes Balears

CATALUNYA
64.Federació d’Associacions d’Artesans d’Ofici de Catalunya
65.Associació Catalana d’Art i Ofici del Cuir
66.Associació Catalana d’indústries Artesanes
67.Associació Catalana de Cistellers i Cistelleres
68.Associació Catalana de les Arts del Vidre
69.Associació Ceramistes de Catalunya
70.Associació d’Oficis Artístics i Artesans – ASOART
71.Associació Ceramistes de Girona
72.Associació Ceramistes del Vallès
73.Associació d’Artesans d’Osona, IntroArt
74.Associació d’Artesans de les Terres de l’Ebre
75.Associació d’Artesans i Oficis de la Vila de Bagà
76.Associació d’Artistes d’Ofici del Poble Espanyol
77.Associació d’Artistes i Artesans del FAD
78.Associació d’Arts i Oficis de l’Alt Pirineu i Aran
79.Associació d’Oficis Tradicionals de Catalunya
80.Associació de Tallers Artesans de la Gran Via
81.Associació Integral d’Artesans d’Ofici
82.Gremi Artesà Tèxtil de Catalunya
83.Artesanos sin Fronteras
84.Caudel’Art Pirineus
85.Associació amics per a la recuperació i promoció de les Gorres de Cop



Artesáns do Eume - Rúa Capela, 21. Baixo - 15320 As Pontes - info@artesansdoeume.org