Idioma:

ESP -

GAL

FINA CASAL SANESTEBAN: 
(fiado da la)


Unha vez finalizado o proceso de rapado das ovellas, lávase a la, escarpízase, cárdase, fíase ben co fuso ou coa máquina, xúntanse dúas mazarocas, tórcese coa parafusa e faise a madeixa. No caso de querer tinguir a la co sarillo, colócase a la nunha madeixa e despois tínguese. Posteriormente faise o nobelo e xa está lista para elaborar os traballos coas agullas ou co gancho. As prendas que fai habitualmente esta artesá, despois deste longo proceso de tratamento da la, son mantas de viaxe, alfombras, colchas, chaquetas, chalecos, calcetíns, “patucos” e bolsos. A venda dos produtos faina en exposicións e mostras de artesanía.

Contacto:
Fina Casal Sanesteban
Penacastrelo. Lamas
15560 San Sadurniño – A Coruña
Tlf.: 981 490 062
Fina Casal Sanesteban Fina Casal Sanesteban Fina Casal Sanesteban Fina Casal Sanesteban Fina Casal Sanesteban Fina Casal Sanesteban Fina Casal Sanesteban Fina Casal Sanesteban
Artesáns do Eume - Rúa Capela, 21. Baixo - 15320 As Pontes - info@artesansdoeume.org