Idioma:

ESP -

GAL

Oitenta e cinco asociacións e federacións de artesáns de toda España unímonos en torno á campaña "Actividade artesá a tempo parcial" para conseguir que a artesanía se contemple como actividade que poida desenvolverse a tempo parcial e cotizar á Seguridade Social de acorde ás horas reais de traballo. ARTESANÍA SOS (+ Seguir lendo)

2011-PROXECTOS EN MARCHA:

Continuar co estudio de investigación sobre os oficios artesanais tradicionais e o uso dos recursos naturais por parte dos artesáns na comarca do Eume.

Desenvolvemento do Proxecto “Artesanía para todos”, dentro do que caben destacar as seguintes actividades:

“3ª Xornada de Artesanía”, que se realizará nas Pontes, coincidindo coa “Feira de Fungos e Cogomelos”, o 1 de Novembro do 2011. Como en anos anteriores, está previsto realizar unha pequena exposición con pezas dos nosos artesáns, que sirva de marco ás demostracións ao vivo que se farán: torneado, traballo da pedra, fiado de la, cestaría, bordado, pirogravado, palilleiras, calceta,…. Actividades nas que o público xeral pode participar coa axuda dos distintos artesáns e incluso levar para a casa algunha peza sinxela feita por el mesmo.

Obradoiros, comezando  no mes de Abril, desenvolveranse  ao longo de todo o ano 2011. [+info]

Exposición das Artesás da Asociación co gallo do Día da Muller, en colaboración co servizo de igualdade do Concello das Pontes.

“MULLERES ARTESÁS E ARTISTAS PONTESAS”

Neste pasado mes de Marzo puidemos ver na sala de exposicións do Mercado Vello das Pontes a exposición “Mulleres artesás e artistas pontesas”, organizado pola Asociación en colaboración co Concello das Pontes. Exposición na que puidemos ver pintura figurativa e abstracta, en pequeno formato e de grandes dimensións, cestaría con papel, pirogravado, talla de madeira, encaixes e bordados, punto de cruz, xabóns artesanais, cerámicas,……

Este mesmo mes de Marzo tamén tivo lugar un acto de homenaxe, co gallo do día da muller traballadora, á nosa socia Fina Casal ; en San Sadurniño; o seu Concello, que contou coa presentación dun libro dedicado a ela e á súa labor de fiadora. Este libro foi publicado grazas o traballo de Diego Rodríguez Piñón, poeta, traballador social, artesán e gran defensor da artesanía, que xa publicou outros dous libros de artesanía anteriormente. Neste libro pode verse con detalle todo o proceso da la, dende o rapado, lavado, escarpizado, cardado, fiado, nobelado, torcido, enmadeixado, tintura, debanado e finalmente a confección das pezas de la.

En canto aos obradoiros, xa está en marcha o de cestaría con papel de xornal para mulleres, organizado en colaboración co CIM das Pontes e a finais de Abril comezarán os de talla de alabastro e pirogravado, nos que tamén colabora o Concello das Pontes. Nas mesmas datas , pero en San Sadurniño, porase en marcha o de talla de madeira, coa colaboración deste concello, que ten previsto realizar outro de cestaría tradicional despois do verán.

 

Artesáns do Eume - Rúa Capela, 21. Baixo - 15320 As Pontes - info@artesansdoeume.org