Idioma:

ESP -

GAL

Mª TERESA REY VIZOSO: 
(bordadora)


Esta artesá, que leva bordando, calcetando e facendo labor de gancho dende a súa infancia, oficia de mestra no Concello de Cabanas, onde dá clase de todo tipo de bordados, tanto a man, no sistema clásico de bastidor, como a máquina. Entre os seus traballos, tanto de gancho como de calceta, salienta a creación de sabas, manteis, tapetes, colchas… Os seus traballos pódense ver en exposicións e mostras locais. É especial a mostra de fin de curso da Escola Laica de Cabanas, onde cada ano, a primeira semana do mes de xuño, a mestra e o seu alumnado amosan os seus traballos.

Contacto:
Mª Teresa Rey Vizoso
Centro Social O Loureiro-Lavandeira
15621 Cabanas – A Coruña
Tlf.: 981 341 684
Mª Teresa Rey Vizoso Mª Teresa Rey Vizoso Mª Teresa Rey Vizoso Mª Teresa Rey Vizoso Mª Teresa Rey Vizoso Mª Teresa Rey Vizoso Mª Teresa Rey Vizoso Mª Teresa Rey Vizoso Mª Teresa Rey Vizoso
Artesáns do Eume - Rúa Capela, 21. Baixo - 15320 As Pontes - info@artesansdoeume.org