Idioma:

ESP -

GAL

FRANCISCO ROMERO SUEIRAS: 
(cesteiro)


Comeza a realizar actividades artesanais coa madeira dende moi novo. Xa dende que é un neno coñece as ferramentas e os tipos de madeira e fai un bo uso deste coñecemento. Compaxina o traballo no campo ca fabricación de cestos, utensilios de cociña e outros que despois reparte cos veciños. Dende fai algúns anos imparte clases en varias asociacións no concello de As Pontes. Entre outras cousas imparte cursiños de cestería, talla de madeira ou restauración. A súa especialidade é a cestería , na que é un artesán moi recoñecido no territorio. Nesta disciplina artesá distínguense dous tipos de cestas: as de varas e as de vergas. Para a realización de cestas de varas usa madeira de codeso, vimbio, carballo, castiñeiro ou salgueiro e para as de vergas, castiñeiro. A ferramenta principal son as súas mans, coas que crea, entre outros: cestos de todo tipo, carros, lámpadas, cadeiras ou culleres e garfos. Amais participa de forma activa en feiras, exposicións e demais actividades artesanais do territorio do Eume.
Contacto:
Francisco Romero Sueiras.
Pbdo do Barreiro, A-5, 3ºD
15320 As Pontes - A Coruña
Telf: 981 45 05 84 / 678 336 263
FRANCISCO ROMERO SUEIRAS FRANCISCO ROMERO SUEIRAS FRANCISCO ROMERO SUEIRAS FRANCISCO ROMERO SUEIRAS FRANCISCO ROMERO SUEIRAS FRANCISCO ROMERO SUEIRAS FRANCISCO ROMERO SUEIRAS
Artesáns do Eume - Rúa Capela, 21. Baixo - 15320 As Pontes - info@artesansdoeume.org