Idioma:

ESP -

GAL

/>
JESÚS MANUEL SABÍN ADEGA: 
(ebanista)


Continuador da tradición familiar, este artesán leva anos a traballar como autónomo. Traballa fundamentalmente madeira autóctona, como o carballo, a nogueira ou o piñeiro. As súas obras son únicas e feitas exclusivamente por encargo, e a súa elaboración, desde que chega a madeira ao obradoiro, ata que sae o produto final, é completamente artesanal. Realiza todo tipo de produtos en madeira: artesas, baúis, mobles variados, reloxos de parede…Ocasionalmente participa en mostras organizadas no territorio, onde se pode gozar do seu saber facer. Pódense organizar visitas turísticas ó seu obradoiro previa chamada telefónica.
Contacto:
Jesús Manuel Sabin Adega
Sande, 8.
15613 A Capela - A Coruña)
Telf.: 620 284 883
sabinjesus@yahoo.es
JESÚS MANUEL SABÍN ADEGA JESÚS MANUEL SABÍN ADEGA JESÚS MANUEL SABÍN ADEGA
Artesáns do Eume - Rúa Capela, 21. Baixo - 15320 As Pontes - info@artesansdoeume.org