Idioma:

ESP -

GAL

ANTONIO REBOLLO MONAGO (TONI): 

Toni leva moitos anos a voltas coa artesanía, xa que comezou aos 14 anos, realizando traballos en madeira.

O seu xeito de traballo consiste no aproveitamento das formas das polas e da madeira, no qué lle suxiren, para a posterior realización de orixinais cadeiras, lámpadas, bancos, esculturas, que acaban por ser pezas únicas.

Na súa ampla traxectoria, tamén traballou con cartón pedra, para a realización de cabezudos, xigantes, monicreques, persoaxes de festa,……..e fixo e o segue a facer, traballos de restauración.

Realiza pezas para a venda directa e tamén traballa por encargo.

Contacto: Antonio Rebollo Monago
Teléfono: 655 946 940
Toni Toni ToniToni Toni Toni
Artesáns do Eume - Rúa Capela, 21. Baixo - 15320 As Pontes - info@artesansdoeume.org