Idioma:

ESP -

GAL

DESEÑO DE "PLANTACIÓN TIPO" CON MISTURA DE ESPECIES MADEREIRAS PARA SER UTILIZADAS POLOS ARTESÁNS DA COMARCA DO EUME:

Realízase este proxecto de plantación mixta con especies susceptibles de ser aproveitadas por parte dos membros da Asociación de Artesáns do Eume. A idea é chegar a un acordo con ENDESA para a cesión dunha porción de terreo no ámbito da rehabilitación da entulleira da mina de As Pontes de García Rodríguez. Como este acordo aínda non tivo lugar, estimarase unha superficie de 1 ha para os efectos de poder calcular as respectivas unidades de obra e así o presuposto final da plantación. Redactaranse varios supostos ao non saber en que condicións económicas estará a Asociación no momento de executar o devandito proxecto. Por outra parte considerarase tamén realizar a plantación noutro punto de As Pontes en caso de que non se chegue ao devandito acordo con ENDESA. Este punto podería ser o ámbito do Hexágono, futura sede da Asociación e punto permanente de exposición de artesanía. Para isto simplemente se terá que retocar algún aspecto que puidese variar como é o caso da litoloxía, edafoloxía, e pode que da vexetación e da fauna.

AUTORA: CRISTINA ALONSO EXPÓSITO

LER PROXECTO COMPLETO EN [+] PDF

 

Artesáns do Eume - Rúa Capela, 21. Baixo - 15320 As Pontes - info@artesansdoeume.org